Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Lobos con pel de cordeiro!
Boas amigXs:
Algunha vez vos fixastes na colocación das pezas de xadrez? Os peóns van sempre diante e a raíña e o rei detrás e flanqueados polas súas defensas: torres, cabalos e alfís. Pois o mesmo pasa na vida real.
Debe de ser que se me acumulou co tempo pero, comezo a estar un pouco cansa de tanta palabrería barata que non fai senón ofender e acender as vontades daquelas e aqueles que non temos o ?ánimo?, imos utilizar unha palabra correcta, para esmorgas. As esmorgas, cos amigXs, poucos pero sincerXs e intensXs.
No noso mundo, ao escolar me refiro, nós somos os peóns; a pé de batalla; recibindo a torto e a dereito e con pouca opción de defensa, de voltearnos e ir na dirección das que nos caen, porque é tal a súa velocidade, que teriamos que ser Spidi González para poder sortealas. E non, nin somos Spidi González nin o Correcamiños, aínda que eu en ocasións case preferiría ser Casper, por aquilo de poder facerme invisible. Se non son veloz, polo menos pasar inadvertida? pero non é o caso.
Ás nosas costas, ordenan, mandan, esixen?inxurian, enganan, decepcionan? a raíña e o rei, que por estar no cume do poder crense con todos os dereitos e poucas obrigacións para cos seus súbditos.
No medio, defendendo ao rei e a raíña, unha posición complicada, os alfiles. Uns toman partido polo poder; enchen o peito porque así están máis seguros. Son os que se cren intocables, os servís que non serviciais, ? outros, mantéñense en terreo neutral; unha de cal e outra de area, segundo veña o aire, así, síntome seguro?! E os ?queimados?, os que defenden e se decantan polos seus peóns, caéndolles sopapos a torto e a dereito. Pero sempre cos seus ?pitiños?.
Poucas cousas hai peores neste mundo, porque outro non coñezo, que o engano, a falsidade, o trato desigual. No noso día a día escoitamos ?non, ao trato desigual? e o peor é se se comete, e mesmo se xustifica por persoas, profesionais, que se dedican ao ensino e que deben predicar co exemplo. Quizais nos afixemos tanto ao termo, que xa non diferenciamos cando para ter un trato ?de favor? cunXs, ofendemos e tratamos desigualmente a outrXs. As persoas que exercen o poder, teñen o deber de ser coherentes, e o que nun momento e nun determinado lugar se decide, debe manterse. Baixo o futil argumento: é que as circunstancias cambiaron? non. As circunstancias non cambian. As decisións que afectan a persoas e mesmo condiciona en moitos casos o seu futuro profesional, non poden decidirse ou cambiar arbitrariamente.
Non me desfoguei a gusto, porque existen sentimentos que, pola súa intensidade, non poden plasmarse só coa palabra. É unha pena que non chegue a quen debería lelo. Aínda que volvo reiterarme: moitas cousas quédanseme no ?papo?, como di Roberto Vilar.
SeñorXs. Nin todos somos tan santos, nin todos tan demos.
Seica o tempo pon a cada un no seu lugar e o poder non é para sempre? pois ?arrieiriños somos e no camiño nos atoparémos!?


Clara María Domínguez Iglesias
2º de Bacharelato


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2019 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0