Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pontón cuestiona "a utilidade das forzas estatais" para dar solución a problemas como o AVE a Galicia
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cuestionou "a utilidade das forzas estatais a hora de dar solucións aos problemas de Galicia" e, en concreto, ás reivindicacións do ferrocarril.


Así o expresou este martes nunha rolda de prensa ás portas da estación de tren de Ourense na que estivo acompañada polo cabeza de lista do Bloque por Ourense, Francisco García.
Deste xeito, Pontón sinalou que "non é de recibo" o que está a pasar coa estación intermodal de Ourense, que "debe afrontar os cambios de posición de PP e PSOE dependendo de quen sente na poltrona da Moncloa".
Neste sentido, pediu aos cidadáns que lembren "cando o PSOE definía como un alpendre o deseño da intermodal" e que vexan como "desde que chegaron á Moncloa xa non lles parece un problema", un comportamento que tamén atribuíu ao PP.
Desde o BNG entenden que a estación é "unha oportunidade para ter unha intermodal do século XXI, como unha infraestrutura de futuro que ao mesmo tempo axude a construír cidade".
En contraposición, Pontón sinalou cara ao proxecto presentado que entende "non vai dar solución aos problemas de mobilidade entre dous barrios como A Ponte e Ou Vinteún e que non vai mellorar a comunicación neste espazo".


Luis Manuel Fernández Carrasco
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-11-2019 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0