Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Morre unha muller en Palma ao caerlle encima unha palmeira polo forte vento
O paso da borrasca Amelie pola península deixou decenas de árbores
caídas e refachos de vento superiores aos 120 quilómetros por hora.


Unha muller de 37 anos de idade e nacionalidade estranxeira morreu este domingo en Palma
tras ser esmagada ao caerlle encima unha palmeira na céntrica zona do Parc da Mar da
capital balear. A vítima atopábase paseando acompañada dun home e unha nena cando a
palmeira caeu sobre ela arrastrada polos fortes refachos de vento que sopraron durante toda a
mañá na illa. Desde o servizo de emerxencias do 061 informaron de que o suceso tivo lugar
ao mediodía cando a muller atopábase paseando pola zona. Unha gran palmeira caeuse
debido ao vento e esmagou á vítima. Varias testemuñas avisaron aos servizos de emerxencia
e iniciaron de forma inmediata as manobras de reanimación. Os servizos de emerxencias,
mediante unha unidade de soporte vital básico, tardaron apenas uns minutos en chegar ao
lugar continuando coas manobras de reanimación avanzada da muller. Con todo, a vítima
faleceu finalmente debido aos múltiples traumatismos sufridos e a gravidade das lesións tras as manobras de reanimación cardiopulmonar. O grupo de Policía Científica e de Homicidios
da Policía Nacional desprazouse ao lugar dos feitos para investigar as causas do accidente.
Varias provincias atópanse en aviso laranxa por fenómenos costeiros e forte vento
provocados polo paso da borrasca Amelie por gran parte do país, a primeira con nome da
tempada. Toda a costa cantábrica ten activado o aviso laranxa por fenómenos costeiros, igual
que a costa de Almería e Selecta. A provincia de Tarragona, o interior de Valencia, Albacete
e o noroeste de Murcia están en aviso laranxa por refachos de vento que poden superar os 90
quilómetros por hora. A illa de Mallorca atópase en aviso laranxa por risco importante de
fortes ventos, mentres que o sur da illa tamén ten activado o aviso laranxa por fenómenos
costeiros.


Os máxima refachos de vento rexistradas este domingo foron de 156 quilómetros por hora na
Coruña. A partir dos 120 quilómetros por hora considéranse tempestuosas. En Mallorca
tamén se rexistraron refachos importantes, de 119 quilómetros por hora na estación de Sa
Tudossa e de 107 no cabo de Formentor. En boa parte da península e o resto das Illas
Baleares está activo o aviso amarelo por vento.


Precisamente a situación de inestabilidade provocada polo paso da borrasca Amelie e os
fortes refachos de vento provocaron incidentes en varias comunidades. En Euskadi a caída
dun poste da luz esta madrugada deixou sen subministración eléctrica aos veciños da zona de
Axpe no municipio arabés de Artziniega. En Bakio ( Bizkaia) os forte refachos de vento
provocaron que unha carpa instalada na rúa Goienkale saíse voando provocando danos na
fachada dun edificio próximo. Durante a madrugada foi necesario interromper o tráfico en
varias estradas, como a N-634 á altura de Deba ou na BI-631 no alto de Sollube. Ás nove e
media da mañá permanecía pechada aínda a GI-636 en Irún xunto á rotonda de Osinbiribil.
En Asturias as árbores arrastradas polo vento provocaron incidencias nunha decena de rúas e
avenidas de varios municipios. Ademais, na Avenida Carlos Marx de Xixón unha árbore de
grandes dimensións cortou a rúa esnaquizando tres vehículos aparcados na zona. No barrio
de Chairo e na zona próxima do Molinón tivéronse que asegurar unha carpa co público que
asistía a unha celebración e a chapa dunha fachada. Na Comunidad de Madrid xestionáronse
146 expedientes relacionados co vento, a maioría de pouca importancia, como a retirada de
árbores das calzadas ou problemas con toldos e valos publicitarias. Ademais, en Madrid, o
concello ha balizado por refachos de vento áreas infantís, deportivas, e de maiores do parque
do Retiro.


Beza Rey
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-11-2019 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0