Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O temporal de mar e vento obriga a pechar os accesos ás praias e ás zonas costeiras

O ciclón Amelie, un sistema de baixas presións extratropical situouse preto de
Galicia e está a afectar á costa da Coruña.Esta pasada madrugada
rexistráronse fortes refachos de vento do oeste, que irá aumentando pola tarde.

Esta profunda borrasca tamén se deixa notar no mar, con ondas que superan
os sete metros.Esta mala situación, que activou o aviso laranxa no litoral,
obrigou ao Concello da Coruña a precintar os accesos ás praias e á costa, por
exemplo no Millenium, as Escravas e Riazor e Orzán.
E é que o mar mesmo superou a duna do areal. Desde o Concello alertan do
perigo que supón saltarse as medidas de seguridade. De feito, os bombeiros,
Protección Civil e a Policía Local realizan un seguimento e control por todo o
paseo marítimo.
Este forte mar de fondo obrigou a dous buques tanque a fondear na ría de Ares
á espera de que amaine o temporal para poder atracar nos peiraos de Repsol.
Se entrará nas novas instalacións portuarias de punta Langosteira un granelero
de 16.000 toneladas.Ademais, os bombeiros do parque da Grela tiveron que
realizar unha decena de saídas durante a pasada madrugada. Foi necesario o
seu servizo para retirar unha antena, varandas, uns valos que caeron sobre un
coche á altura do número 16 de San Andrés, ou asegurar unha galería dunha
casa de María Pita que ameazaba con caer sobre a praza debido ao seu
deteriorado estado. De feito, desde a unidade contraincendios comunicouse
esta deficiencia aos técnicos do servizo de Ruínas.


Alba Millán Borrajo
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-11-2019 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0