Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Dous condutores feridos graves tras chocar frontalmente e quedar atrapados nos seus coches

Membros de Protección Civil trasladaron ao equipo médico do helicóptero ata o sinistro, xa que a aeronave non puido tomar terra polo mal tempo.


Dúas persoas resultaron feridas de gravidade ao redor das 17.30 horas do venres ao chocar na intersección da OU-302 coa OU-303 en Calvos de Randín. A magnitude da colisión foi tal que ambos os condutores quedaron atrapados no interior dos seus coches e foi necesaria a presenza dos bombeiros para a súa excarceración. O Seat Eivissa conducíao unha muller de 34 anos veciña de Muiños (ferida moi grave) e o Córdoba, un home de 31 anos, de Ganade (Xinzo). Os dous foron evacuados ao CHUO. Os bombeiros A Limia e Muíños encargáronse de excarcerar a cada un dos condutores. Membros de Protección Civil de Porqueira trasladaron ao equipo médico do helicóptero desde Paradela (Porqueira) ata o lugar do sinistro, posto que a aeronave non puido tomar terra no lugar polo mal tempo. Dúas patrullas de motoristas dos destacamentos de Tráfico da Garda Civil de Verín e Ourense e un equipo de atestados do Subsector de Tráfico de Ourense axudaron nos labores de rescate.


Alejandro Fernández Blanco
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-11-2019 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0