Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Greta Thunberg pide axuda para cruzar o Atlántico e acudir ao cume do clima en Madrid
A activista sueca Greta Thunberg, que non se despraza en avión polas
emisións de CO2, pediu este venres axuda a través das súas redes sociais
para poder atopar un "transporte" co que cruzar o océano Atlántico de novo e
acudir á Conferencia sobre Cambio Climático de Nacións Unidas, coñecida
como COP25, que se celebrará en Madrid tras a renuncia do Goberno chileno.
"Agora que a COP25 trasladouse oficialmente de Santiago a Madrid,
necesitarei algo de axuda. Resulta que me crucei medio mundo en sentido
contrario", explicou Thunberg na súa conta de Twitter. "Necesito atopar unha
forma de cruzar o Atlántico en novembro", engadiu.


A ministra española de Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, encantada coa
noticia contestou á activista tamén en Twitter: "Querida Greta, sería estupendo
terche en Madrid. Fixeches unha longa viaxe e axúdasnos a tomar conciencia,
abrir a mente e mellorar as nosas accións. Gustaríanos axudarche a cruzar o
Atlántico de volta. Aberta a estar en contacto para facelo posible".


Thunberg emprendeu unha campaña de concienciación que lle levou a Canadá
como último destino. A activista lamentou que non poida visitar "esta vez"
países do centro e o sur de América, pero explicou que quere viaxar a Madrid
para seguir alertando da "emerxencia climática e ecolóxica". "Se alguén me
puidese atopar algún transporte, estaríalle agradecida", escribiu.


O cambio de sede do cume sorprendeu no medio do Atlántico a un grupo de
36 mozos ecoloxistas europeos reunidos ao redor de Sail to the Cop
(navegando cara a Cop) que se dirixían ao encontro a bordo da nave Regina
Maris. Partidarios de cambiar o futuro do transporte para que sexa sustentable
a escala mundial, ?van camiño de Belem, en Brasil, e decidirán nos próximos
días se seguen adiante ou poñen rumbo a España?, segundo o equipo de apoio
que segue a viaxe.


Pedro Fernández Fernández
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-11-2019 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0