Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ANOMALÍA QUE EXPLICA A SITUACIÓN ATMOSFÉRICA ACTUAL
En menos dunha semana dúas borrascas transformáronse en ciclóns tropicais. Unha delas mesmo foi un pouco máis lonxe e converteuse en furacán fronte ás costas de Galicia. Non é nada habitual este tipo de transicións e moito menos varios casos en tan poucos días. Os meteorólogos seguen dándolle voltas a esta situación tan atípica. De momento, a falta de que se publique unha investigación en profundidade sobre este caso, dous factores parecen influír de maneira determinante. «Ao suroeste dos Azores hai unha anomalía positiva da temperatura da auga», recoñece J.J. González Alemán, investigador na física da atmosfera.

Con todo, esas augas máis cálidas do normal non poden xustificar por si soas a configuración actual. «Efectivamente hai algo máis. Durante a última semana apareceron dúas potentes ciclogénesis explosivas no Atlántico, preto do arquipélago portugués. Formáronse de maneira moi violenta, nun intervalo breve de tempo e na mesma zona. Isto xerou un ambiente de inestabilidade moi particular nesa área, con pouca cizalladura. Os débiles ventos en altura e a auga quente provocaron que aparecesen eses sistemas tropicais. Digamos que foron borrascas especiais que tiveron un potencial maior para transformarse en ciclóns tropicais nun ambiente favorable. Pero claro, que converteu a estes sistemas de baixas presións en excepcionais é algo que agora mesmo descoñecemos», confesa González Alemán.


Paloma González González, 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-11-2019 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0