Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os ourensáns foron a «despedirse» da Biblioteca da rúa Concello
Que un sábado case festivo unha biblioteca estea chea de usuarios non é algo normal. A non ser que nos atopemos en época de exames, que non é o caso. E que un sábado de ponte, entre dous festivos, a Biblioteca Nodal de Ourense conte coas salas de traballo coas mesas practicamente cheas e os corredores da zona de préstamo cunha destacada presenza de usuarios consultando que libros, películas ou outros materiais van solicitar para levar a casa tampouco é algo frecuente.

Nuns tempos nos que a cultura en xeral, e a lectura en particular, non gozan de boa saúde e nunha cidade onde o sector entrou en desgraza debido ás decisións e estratexias do novo grupo de goberno municipal a paisaxe resulta distópico... a non ser que se trate do último día en que a Biblioteca Nodal de Ourense presta os seus servizos nas históricas instalacións de cálea Concello.

A xornada viviuse cunha importante carga sentimental, coa certeza de que se pechaba unha etapa preñada de recordos, actividades, encontros, lecturas compartidas e vivencias atesouradas que falan do paso dos anos. Na rúa Concello constataron que houbo ourensáns que non acudiron a solicitar un libro, ler o xornal, estudar ou realizar un traballo; foron a despedirse de «a súa biblioteca»: entraron, percorreron en silencio os corredores que tantas veces transitaron en busca dese exemplar cobizado para gozar coa mirada e os sentidos esa xeografía abstracta debuxada con cores, capas, letras, datos de catalogación e ese chan tan peculiar e castigado que tivo como acto de servizo o labor de salvagardar o silencio dese santuario de letra impresa. E tras gozar da experiencia, a modo dun adeus definitivo, fóronse para reencontrarse co bulicio do tráfico no centro da cidade.

Paula Vázquez 1ºB nº19
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-11-2019 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal