Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ‘perigosa’ decisión de vender peras de Lleida
O descoñecido meteuse no almacén traseiro. "Venche para fóra", esixiulle o intruso, e ela, estrañada, saíu. "Non che vou a comprar nada porque vendes froita de Lleida". O cliente estaba enfurecido e empezou a facerlle "cortes de manga diante mesmo da cara". Ela sacou o móbil para retratar ao energúmeno, e el toleou aínda máis. Pegoulle un par de puñadas que lle fixeron sangue e arrincoulle o aparello das mans.
A vendedora quería recuperar o seu teléfono, pero o agresor a atenazó por un brazo para inmobilizala. Negábase a devolverlle o smartphone. "Por favor, que alguén chame á policía, este home está a pegarme", gritou varias veces a vítima sen que ninguén fixese nada por socorrela a pesar de que "era martes ás dúas da tarde, facía sol e había xente". Só "un mozo que pasaba" achegouse para axudala e conseguiu que o violento soltase o móbil. O individuo negaba golpeala: "é mentira", voceaba. Pero o sangue que ela tiña na cara non deixaba lugar a dúbidas.

Unha semana despois do suceso, cando a Policía Nacional xa identificou ao consumidor anticatalanista grazas ás fotos que quedaron rexistradas no móbil de Sandra Castro, o modesto local de Froitas Sandra converteuse en lugar de peregrinación de clientes nunca antes vistos. Basta unha mínima procura na internet para descubrir que a tenda loce cinco estrellas grazas aos votos. Os compradores entran no local de Sandra Castro pedindo "peras de Lleida", e logo descobren que a froiteira que estes días sae nas teles tamén despacha ameixas da mesma provincia. "Eu o que vendo é froita de tempada. En cada época quero a que está mellor. E resulta que agora mesmo a pera Champion de Lleida está no seu momento", defende esta autónoma, "Imos volver tolos coas orixes da mercadoría?", pregúntase.
"O que máis me doe", asegura, "é que ninguén me axudase ata que o fixo aquel mozo que agora me encantaría coñecer". Despois de que pasou todo, andando sobre os seus pasos ata a frutería, entroulle "a llorera": Pola tarde Castro foi a formalizar a súa denuncia. Desde entón, o seu pai xubilado acompáñaa a intres na tenda, pero apenas está soa porque non pairan de entrar persoas, e cámaras, e xa se lle acabou a lotería de Nadal que tiña á venda. Antonte arribou á tenda un lote e onte recibiu "nove planchetas con peras, ameixas e mazás" co selo Lleida Fruits.
Valeria Labandeira Reimondez
4 ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-11-2019 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal