Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O DEPORTE: TRATAMENTO PARA O ESTRÉS
O estres é unha das doenzas máis comúns na nosa sociedade dende idades moi temperás. Segundo diferentes estudos o deporte es una ferramenta que axuda a diminuír as tres vertentes do estrés, a cognitiva , a fisiolóxica e a condutual; sendo por iso unha solución moi efectiva.
Entre as razóns que apoian esta terapia está a capacidade do deporte para reducir a ansiedade, controlar os ataques neuróticos ou producir efectos emocionais beneficiosos sobre o individuo. A liberación de endorfinas polo cerebro, a hipófise e outros tecidos durante a práctica de calquera actividade física conduce a un estado de euforia, de benestar emocional y de, incluso, diminución da sensación de dor que moitas outras terapias non logran. Pero tamén afecta positivamente nivel psicolóxico, pois o deporte serve para facernos esquecer os problemas cotiáns xa que precisa dunha concentración para poder executalo con destreza, deste xeito a mente queda libre de preocupacións , de pensamentos negativos que poidan levarnos a situacións de ansiedade ou depresión. Ademais a práctica de exercicio de maneira regular ten beneficios como aumentar a confianza nun mesmo, incrementar a capacidade de socializar e afrontar de xeito saudable os problemas.
Que o deporte é beneficioso para a saúde non é ningunha novidade, todo o mundo coñece o seu papel na diminución do risco de ter enfermidades cardiovasculares, hipertensión ou colesterol; ou no reforzamento do sistema inmune, na diminución da obesidade e na mellora do estado de ánimo. Os científicos atoparon á “culpable” de todo isto, unha proteína capaz de converter unha molécula tóxica (a quinurerina) expulsada en situacións de estrés en ácido quinurénico totalmente inocuo.
Así que podemos dicir que ir en bicicleta, nadar ou xogar ao fútbol, resulta máis beneficioso que moitos tratamentos (cheos de contraindicacións) para superar o estrés e mellorar o estado de ánimo.




Jaime Eiriz Castro
2º de Bacharelato/nº9
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-11-2019 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal