Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O caos en Iraq alenta a comparación coa era de Sadam
Protestas na cidade iraquí de Bagdad
As queixas contra o lamentábel estado da cidade de Bagdad aumentaron considerablemente na última temporada, converténdose nun dos principais reclamos entre os iraquís que protestan dende principios de mes na praza de Tahrir. A pesar da violencia inescusable coa que o Goberno respondeu as manifestacións, a súa mera celebración é a mellor proba dos avances democráticos que experimentou Iraq a partir do 2003. Dende 1958 ata a data calquera protesta popular estaba prohibida.

Respecto a referencia ao político Sadam, xorde como froito da ira e da desesperación do momento. A época de Sadam caracterizouse polos xenocidios e asasinatos masivos.

Segundo o analista político Hiwa Osman; “ao mencionar a Sadam, estase comparando a capacidade xestora dos novos equipos coa do ditador, visto como un estadista, brutal, implacable, pero estadista.” O cataclismo social e político que supuxo o derribo de Sadam, os erros dos EEUU, a guerra sectaria que desatou a ocupación e o vergonzoso desempeño da maioría dos dirixentes tiveron un elevadísimo coste humano para os iraquís.

A pesar do petróleo, en Bagdad que nos anos oitenta do século pasado medíase coas grandes cidades do Golfo e hoxe é a segunda capital máis populosa do mundo árabe, resulta perigoso beber auga do grifo, o servizo electrónico é irregular, non hai transporte público… a precariedade destes servizos constitúe a representación do estado de atraso da urbe.



Lucía Nieto Cancho
2º de Bacharelato/nº20
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-11-2019 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal