Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

De naves espaciais e criaturas fantásticas en Vilagarcía
O Festival Internacional de Cinema e Banda deseñada Curtas terá
lugar en Vilagarcía de Arousa até o 3 de novembro, onde máis dun
cento de obras repartidas entre curtametraxes, documentais,
videocreacións e longametraxes poderanse ver nos dez días do
festival.
O Festival Internacional de Cinema e Banda deseñada Curtas bebe do
Festival de Cinema Amador de Vilagarcía, que naceu no 1973,
celebrándose 46 anos seguidos. Dúas liñas vertebran a programación
da 44 edición: os 50 anos da chegada da humanidade á lúa e a maxia
e as lendas, cunha homenaxe á creación de J.K. Rowling.
Hai seis longametraxes a concurso: Nubes de Cartón (Sergio
Fernández), Hous3 (Manolo Munguia), Dos Veces Tú (Salomón
Askenazi), Sea Beasts (Felipe González), Planet Horror Presenta:
Bliss (Joe Begos) e Amor en polvo (Suso Imbernón e Juanjo
Moscardó). A competición internacional de curtametraxes inclúe máis
de 60 pezas de todo o mundo, cunha categoría específica para a
videocreación. Ademais, o concurso inclúe 14 documentais.


Ricardo Tornero Belloso
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2019 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal