Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Temporal en Galicia
Un centenar de incidentes comunicados, e por tanto xestionados polo 112, é o
saldo que arroxou en Galicia a meteoroloxía adversa nas últimas doce horas,
entre as seis da tarde do venres e a mesma hora, pero da madrugada, deste
sábado.


A caída de árbores e ramas nas estradas, informou nun balance a central que
coordina a atención ás emerxencias, segue sendo a tipoloxía máis repetida con
40 avisos, contratempo seguido dos 14 contratempos xestionados por neve e
os 11 por obxectos caídos nas vías.
Por provincias, a da Coruña foi a máis afectada con 46 incidentes, Pontevedra
con 29, Lugo con 14 e Ourense con 9.
Na provincia coruñesa, o concello de Oleiros, no período de tempo indicado, foi
un dos máis prexudicados, cun total de seis incidentes.
Na de Pontevedra, os municipios de Lalín -4-; Vigo e Ponteareas, con tres
incidentes cada un deles, e o de Rodeiro con dous, son os máis afectados.
Tamén, no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, dous mozos que
viaxaban nun vehículo sen cadeas quedaron atrapados pola neve, na estrada,
en Cadeliña.
Así mesmo, o paso das borrascas nos pasados días segue deixándose notar
noutros aspectos que afectan ao día a día en distintos lugares da Comunidade.


Alba Millán Borrajo
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2019 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal