Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Inxeniería Agrícola está de aniversario

Os alumnos da primeira promoción celebraron os 25 anos que cumpre a carreira en Ourense.


Fai exactamente 25 anos comezaba a clases a primeira promoción de Enxeñería Técnica Agrícola na cidade. Este dato non pasou desapercibido para algúns dos seus alumnos, que decidiron celebralo ao grande cun acto conmemorativo na aula magna da súa facultade. «A verdade é que nos demos conta por casualidade. Un grupo de compañeiras de promoción organizamos o Nadal pasado unha cea e entre anécdota e anécdota caemos na conta de que xa ían 25 anos daquilo. Pareceunos bonito reunir á maioría de exalumnos e poder celebralo xuntos», explica Bibiana Fucci Antón. Ela é a promotora da idea e converteuse no últimos seis meses nunha auténtica organizadora de eventos, mesmo con poder de convocatoria, pois máis de 40 alumnos do primeiro curso (1994/1995) acudiron este venres á festa reencontro do cuarto de século.


CEDIDA «Eu traballo para o Colexio de Agrícolas así que o tiña máis fácil á hora de preparalo. Cando empezou a carreira en Ourense eramos 140 matriculados e agora non chega á decena, con isto tamén queremos lembrar todo o que representa a profesión para a provincia. Gustaríanos que a oferta da nosa carreira permanecese moitos anos na cidade», finaliza.


Luis Manuel Fernández Carrasco
1º BACH A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-10-2019 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal