Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NOVE BEBÉS DE CANGAS, AFECTADOS POR UNHA POSIBLE REACCIÓN AO MENÚ
Técnicos de Sanidade están analizando o menú servido na gardería da Choupana o pasado venres tras advertir que algúns nenos sufriron algunha reacción alérxica. «Tivemos constancia dalgúns nenos aos que lles apareceron o venres manchas vermellas, que desaparecían espontaneamente en menos dunha hora. Ante a posibilidade de que a causa desta reacción alérxica sexa a comida, técnicos de Sanidade están analizando o menú servido na gardería ese día», explica a Xunta. Desde o departamento de Política Social destacan a profesionalidade dos responsables desta escola infantil, «que actuaron coa maior axilidade e, ante as sospeitas de que a orixe das manchas puidesen ser os alimentos, cambiaron rapidamente o menú na segunda quenda de comida».

Tamén se detectou un caso na escola infantil da parroquia do Hío, cuxa cociña comparte xestión coa da Choupana. A Xunta de Galicia informa que ten constancia de nove casos e circunscribe a posible reacción alimentaria a estes dous centros educativos.


Paloma González González, 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2019 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal