Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As mulleres e a diversidade de perspectivas serán as protagonistas da 33 edición de Cineuropa, un festival único

Este venres, a organización do festival, a cargo de La Tropa Produce, xunto coa responsable de Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, presentaron desta maneira o Festival Cineuropa deste ano.

A partir do 7 de novembro, ata o día 28 do mesmo mes, Santiago acollerá este evento para celebrar e exaltar a presenza de voces femininas, críticas, de diversa orixe e xeografía dentro do mundo cinematográfico.

A directora do festival, Laura Seoane, reivindicou que o "feminismo transversal" encabezará as cinco seccións oficiais do festival (europea, internacional, latinoamericana, documental e de animación). "O 40% das películas elixidas están dirixidas por mulleres", unha decisión que non ten que ver con "ningún tipo de cota", xa que "o primeiro criterio é a calidade", apuntou o coordinador de programación Javier Trigales.

Seoane destacou a particularidade deste evento por non existir "un formato destas dimensións en España con tanto éxito" como Cineuropa. O seu obxectivo é, por unha banda, "converterse nun debate" para que "o cinema non acabe nas salas, se multiplique nos bares e os coloquios sexan interminables" e, por outra, "que o espectador sexa o rei do festival", engadiu Trigales.

Iván Abad Álvarez
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2019 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal