Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O primeiro ministro etíope, Abiy Ahmed, premio Nobel da Paz 2019
Os seus esforzos para lograr a paz con Eritrea, tras longos anos en guerra, valéronlle este prestixioso galardón.


Abiy Ahmed, primeiro ministro de Etiopía gañou o premio Nobel da Paz 2019, polo
seu papel crave á hora de acabar cunha longa guerra entre Etiopía e Eritrea que se
cobrou máis de 70.000 vidas. Así o anunciou esta mañá en Oslo o Comité Noruegués
do Nobel, que escolleu entre máis de 300 candidatos. A pesar de que a favorita en
todas as casas de apostas era a activista Greta Thunberg, a nova sueca non se alzou
finalmente co premio.

Ahmed repite nomeamento despois de non lograr o recoñecemento en 2018. A pesar
de que algúns pensaban que as súas opcións para gañar víronse reducidas polo
incremento da violencia étnica e os miles de desprazados deste último ano nesta
rexión, finalmente alzouse con este prestixioso galardón polos seus esforzos para
lograr a paz con Eritrea.
Etiopía e Eritrea, inimigos históricos, libraron unha sanguenta guerra entre 1998 e
2000, con miles de vítimas mortais e refuxiados. As relacións se reestablecieron en
xullo de 2018 despois de anos de hostilidade, grazas, en gran parte, aos esforzos de
Abiy Ahmed.

“ Abiy Ahmed iniciou importantes reformas que dan a moitos cidadáns a esperanza
dunha vida mellor e un futuro máis brillante. Pasou os seus primeiros 100 días como
primeiro ministro levantando o estado de emerxencia do país, outorgando amnistía a
miles de prisioneiros políticos, descontinuando a censura dos medios, legalizando
grupos de oposición prohibidos, destituíndo a líderes militares e civís sospeitosos de
corrupción, e aumentando significativamente a influencia de mulleres na vida política
e comunitaria etíope. Tamén se comprometeu a fortalecer a democracia celebrando
eleccións libres e xustas”, destacou o Comité do Nobel.

A oficina do primeiro ministro emitiu un comunicado no que valoran o recoñecemento
a Ahmed e afirman que Etiopía está “orgullosa como país” desta distinción a un dos
seus cidadáns máis ilustres. Co premio concedido ao líder etíope, nacido en 1976 en Beshasha, quérese “recoñecer a todos os actores que traballan en favor da paz e a
reconciliación en Etiopía e nas rexións do leste e nordés de África”, apunta o Comité.
Nomeado primeiro ministro fai tan só ano e medio, chegou ao poder acompañado
dunha gran popularidade entre os etíopes e con promesas de aperturismo e
reconciliación. Logrou a paz tras vinte anos de guerra e legalizou aos partidos da
oposición que foran censurados. Tal era o nivel de entusiasmo que supuxo para un país
tinguido desde hai anos cun Parlamento monocolor e líderes de decisións
autocráticas, que medios internacionais como a revista The Economist empezaron de
falar de “ Abiymanía”.


Beza Rey
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2019 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal