Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha alerta da NASA impide grabar unha reportaxe de Jesús Calleja
O aventureiro encontrábase grabando unha reportaxe no observatorio de Arecibo en Puerto Rico cando recibiu unha alerta dun posible asteroide na zona.


O montañeiro, aventureiro e presentador Jesús Calleja atopábase no observatorio de Arecibo, situado en Porto Rico, cando recibiu unha alerta da NASA #ante un posible asteroide moi próximo a esa zona. A finalidade do leonés era gravar o observatorio para o seu programa en Catro xa que posúe unha antena parabólica xigantesca coa que se pode escoitar o espazo máis profundo.
Quella pretendía entrevistar o director do lugar na mismísima antena; unha estrutura de máis de 900 toneladas e situada a 160 metros de altura aínda que finalmente non puido ser debido a unha alerta da NASA. Así o conta o propio leonés a través da súa conta oficial en Instagram: “Mentres estabamos aquí gravando dixéronnos que temos que apagar as cámaras porque chegou unha alerta da NASA porque hai un asteroide que se aproxima á terra e teñen que medilo.
“Non é nada alarmante porque ocorre máis veces pero cando sucede, esta é a primeira barreira de control para ver se é potencialmente perigoso o obxecto”, continúa explicando o aventureiro. “Pois ao final tivémonos que ir porque tiñamos que facer a entrevista ao director do observatorio arriba na antena pero tiveron que poñela en marcha rápido para investigar este obxecto durante tres días. Emite moita radiación e é perigoso estar arriba. É incrible que chegamos aquí e salta unha emerxencia dun asteroide”, conclúe.
“Por que cada vez que imos rodar a algún sitio ocorre un acontecemento? Estala un volcán, hai un terremoto…”, pregúntase Jesús Calleja ante as súas máis de 735.000 seguidores en Instagram.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-10-2019 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal