Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Acordo para o «brexit» entre o Reino Unido e a UE
A Unión Europea e o Reino Unido han logrado un acordo para a
saída dese país do club comunitario tras maratonianas negociacións,
segundo anunciou a través da rede social Twitter o presidente da
Comisión Europea, Jean-Claude Juncker. «Onde hai vontade, hai un
acordo. Temos un!», dixo Juncker na súa mensaxe, acompañado
dunha carta dirixida aos líderes da UE na que lles recomenda apoiar
o pacto durante o seu cume deste xoves e venres en Bruxelas.


Segundo Juncker, trátase dun acordo «xusto e equilibrado» que
testifica «o noso compromiso para lograr solucións». «Recomendo
que o Consello Europeo apoie este acordo», recalcou.

Nos últimos días intensificáronse as negociacións encabezadas polo
francés Michel Barnier por parte da UE, en quen os Vinte e sete
tiñan depositada «toda a súa confianza», segundo indicaron hoxe
fontes comunitarias.


O máximo escollo para un acordo era atopar unha solución para non
levantar unha fronteira física na illa de Irlanda. Na súa carta dirixida
ao presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, Juncker pediu aos
Vinte e sete que dean luz verde ao texto revisado e á nova
declaración de intencións sobre a futura relación entre a Unión
Europea e o Reino Unido, e instou a avanzar «con rapidez» cara ao
debate sobre esa vinculación futura.


Pedro Fernández Fernández
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2019 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal