Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

"O que arde" estréase en 19 salas galegas
O que arde, o galardonado terceiro filme de Oliver Laxe, chega esta
sexta feira, 11 de outubro, ás salas comerciales da Galiza. En
concreto, a 19, nas sete ciudades e máis Carballo, Monforte de
Lemos, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, A Rúa, Verín, As Pontes, A
Estrada e en Caldas de Reis.

A estrea é a nivel estatal. Fóra da Galiza, a obra chegará a outras 30
pantallas, sempre en versión orixinal en galego con subtítulos ben en
castelán, ben en catalán. É xa un dos filmes galegos con máis estreas
en cinemas comerciais da historia.


O seu director, Oliver Laxe, acompañará algúns dos primeiros pases
no país: o 11 de outubro estará en Numax, Compostela, cos actores
protagonistas Amador Arias e Benedicta Sánchez; a segunda feira, 14
de outubro, estará nos Cantones Cines da Coruña canda a poeta
Yolanda Castaño ás oito e media do serán; ao día seguinte nos Cines
Dúplex de Ferrol nas sesións das sete e media e as dez menos
cuarto; a cuarta feira 16 de novembro nos tres pases do Códex.


Cinema de Lugo, e o 17 de outubro, quinta feira, ás seis da tarde no
Cinexpo de Pontevedra e ás nove e vinte nos Norte de Vigo.


Ricardo Tornero Belloso
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2019 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal