Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ADEUS AO JARULO, HOSTALERIO E VECIÑO EMBLEMÁTICO DE ONS
Manuel Otero Blanco , que faleceu demasiado pronto, aos 73 anos e tras loitar contra un cancro, era, ante todo, un insular dos pés á cabeza. Naceu e viviu na illa de Ons e alí era ao único sitio ao que quería ir nos seus últimos días, cando a enfermidade lle obrigaba xa a permanecer no hospital. Puido visitar a terra que levaba no corazón recentemente, antes de partir para sempre, tal e como confirmaban esta mañá fontes próximas á familia.

A historia de Manuel Otero é tamén a historia da hostalería da illa. Porque el casou con Palmira, que era a filla do fundador de Casa Acuña. Cando faleceu o seu sogro, o matrimonio fíxose cargo do emblemático local de restauración, que hoxe en día segue aberto e co seu inconfundible ambiente mariñeiro.

Deu mostras en moitas ocasións do seu carácter rebelde e inconformista. E estivo detrás da formación dunha asociación de veciños na illa, hai xa décadas. O seu carácter emprendedor levoulle tamén a fundar, xunto coa súa familia, a navieira Nabia, que hoxe é unha das referentes para cubrir as rutas a Ons ou Cíes. Hoxe daráselle o último adeus en Bueu.


Paloma González González,1ºB

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2019 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal