Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN YOUTUBER DISFRAZADO DE PALLASO ENTRA NUN INSTITUTO DE LUGO E PROPÍNALLE UN TARTAZO A UN PROFESOR:
Dúas persoas, unha delas alta, vestida cun traxe de cebra, cunha máscara de rosa cubrindo a cara e cun sombreiro de pallaso negro; e outro de entre 20 e 25 anos, sen disfrazar, levaba un suéter azul e gravaba cun teléfono móbil: coláronse dez minutos antes das seis da tarde do luns 14 de outubro, nunha aula do Instituto da Muralla Romana de Lugo mentres un profesor facía actividades cos estudantes.
Despois de que o profesor lles advertise de que non podían estar alí, o suposto youtuber, vestido de pallaso, apuntou a un dos estudantes cunha das mans e coa outra botoulle un "tartazo" co número seis ao profesor, impactándolle. na cara. Entón, os dous individuos fuxiron e no transcurso da fuxida á persoa disfrazada caéuselle o sombreiro.
Tras os acontecementos, varios alumnos indicaron unha conta de Instagram chamada Puntolunático, que ten unha ligazón a YouTube e onde hai vídeos gravados na cidade por unha persoa saíndo en algún deles coa mesma ropa coa que foi presentado no centro educativo. Noutras gravacións atópase disfrazado e pódese ver o seu corte de pelo. Na parte inferior da cabeza está afeitada, algo que o profesor tamén percibiu no momento dos feitos.
O profesor, que non resultou ferido, denunciou os feitos. Despois dunha breve investigación na zona, non se atopou a ninguén coas características proporcionadas, pero un profesor puido ver a estas dúas persoas baixar dun vehículo branco que estacionara nas proximidades do centro e un conserxe puido escoitar o nome. dun deles. A Policía Nacional investiga os feitos pero todo apunyta ao coñecido youtuber que dedícase a facer bromas de mal gusto aos cidadáns polas rúas de Lugo.

Noa Varela Varela nº18 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2019 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal