
´Vitori' recupera a súa vivenda grazas á presión veciñal pero comproba que os asaltantes venderon e destruíron as súas pertenzas e recordos de 94 anos de vida
Un amargo final do pesadelo que se iniciou o pasado sábado cando descubriu que unha familia apropiouse da súa casa de Portugalete mentres ela visitaba a unha irmá en Barakaldo.
'Vitori' atopou o apoio dos seus sobriños e de centos de veciños de Portugalete, despois, para conseguir que tras tres longas horas de presión popular fronte á vivenda, os «okupas» acabasen chamando á Ertzaintza para que lles protexese mentres abandonaban a vivenda de 'Vitori' tras destruír e vender case todos os seus recordos. «Toda a miña vida está nesa casa», recoñecía 'Vitori' na beirarrúa e sen esperanza de poder recuperar a vivenda ata o 20 de novembro.
A inxustiza de ver a unha anciá soa, desaloxada da súa casa por unha mafia de «okupas» con antecedentes e sen a posibilidade de regresar ata que se celebrase o xuízo que permitiría contar cunha orde xudicial para o desaloxo da vivenda. Dentro, dúas anciás e catro menores integrantes dun clan máis amplo que se dedican a asaltar vivendas.
Tras logralo, os veciños repetiron a presión noutra vivenda ocupada e forzaron a saída dos ocupantes ilegais. Mentres tanto, 'Vitori', ao límite das súas forzas, comprobou que lle esnaquizaban e roubado todo. «Non me deixaron nin un trapo», sollozaba na porta da súa casa.
Valeria Labandeira Reimondez
4 ESO B
|