Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cincocentas mulleres esixen un rural sen violencia sexista

Máis de 500 mulleres que residen e traballan en municipios da Coruña reclamaron unha igualdade efectiva e un rural sen violencia machista. Foi no acto organizado pola Deputación e Fademur con motivo da celebración do Día Internacional da Muller da Rural, no que se quixo facer visible e recoñecer publicamente "o papel decisivo das mulleres no desenvolvemento social e económico do rural galego". Así o afirmou o deputado provincial José Manuel Lage Tuñas, durante o discurso inaugural da xornada, que contou tamén coa asistencia da presidenta de Fademur Galicia, Rosa Arcos, e da alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, que agredeceu a elección da localidade para a celebración do acto.
O acto de onte celebrouse baixo o lema Actuemos! Por un rural libre de violencia machista e tanto Lage coma Rosa Arcos e Mónica Rodríguez fixeron referencia nas súas intervencións á necesidade de rematar con esta lacra e de dotar de recursos suficientes ao rural para previr crimes tan terribles coma o recentemente acontecido en Valga, así como dar soporte e protección ás vítimas. "Hai unha parte da sociedade que asiste con resignación ao reconto de vítimas da violencia machista. Nós non. Non nos resignamos", afirmou a presidenta de Fademur Galicia, que instou ás mulleres a "actuar xuntas, cada unha dende a súa vila, dende a súa casa, dende o seu lugar" para erradicar o maltrato.

Iván Abad Álvarez
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2019 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal