Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Desterran a un maltratador e impídenlle pisar a provincia coruñesa durante dous anos
Agrediu, humillou, ameazou, tirou as pertenzas da súa esposa pola fiestra sen deixala entrar en casa e dedicoulle todo tipo de insultos. Non houbo un momento de acougo nesa vivenda. Durante os 10 anos que o acusado estivo casado coa muller que o soportou todo, os malos tratos era case diario. Diante dos seus fillos pequenos e de calquera. En casa, na rúa, no colexio dos nenos. En todas partes deixábaa mal. Ata que a vítima decidiu denunciar.

O home ocupou o banco dos acusados do Xulgado do Penal número 6 da Coruña e o xuíz condenouno a ano e medio de prisión e a 60 días de traballo para a comunidade como autor dos delitos de malos tratos habituais, coaccións e outro continuado de ameazas. Non terá que ingresar en prisión porque a pena de cárcere é inferior aos dous anos e carece de antecedentes. Pero tampouco poderá pór un pé na provincia da Coruña durante os próximos dous anos. Nin comunicarse durante o mesmo tempo coa súa exmuller e os seus fillos.

Ademais, deberá indemnizar á vítima con 6.000 euros e a cada un dos seus fillos con 2.000 polos danos morais causados.

Paula Vázquez nº19 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-10-2019 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal