Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

BUSCAN POR TODA GALICIA A UN FALCÓN PERDIDO QUE SE USA PARA ESPANTAR AVES NOS AEROPORTOS
A persecución de varias choias para que non invadisen o campo de voo propiciou o mércores que un falcón dedicado a espantar aves nos aeroportos de Galicia despistásese e perdese sen volver desde entón á súa posición habitual. O último sinal rexistrado desde entón por medio dun aparello gps colocado nunha das súas patas, situou ao animal en Cuntis, a 40 quilómetros en liña recta da pista compostelá. Pero o seu dono, que o buscaba na zona do Pico Sacro, xa non o atopou ao chegar ao lugar desde onde emitira ditas sinais.

Aínda que estima que nun só día pode saír xa de Galicia, o dono do animal, ao que bautizou como As Pontes, búscao de entrada por todo o centro da comunidade galega, advertindo que máis aló do custo do falcón, que sinala véndense similares entre 500 e 1.000 euros, o ave conta para el con notable valor sentimental, ao habelo criado e adestrado desde o seu nacemento, e tamén profesional, xa que o considera como un dos seus mellores exemplares.



Paloma González González 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-10-2019 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal