Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NIN UN PELO DE TONTO! POIS TEN QUE SER CALVO
“Estamos ao borde do cataclismo”. Con estas palabras alerta o Instituto Nacional de Estatística (INE) do brutal aumento de tontos en España, insistindo en que xa non cabe un tonto máis e precisando que “é necesario que moitos dos que, de ser máis tontos, non nacen, deixen de nacer de verdade”.
Esta noticia é unha broma gastada polo xornal “O País”, pero unha broma tristemente real. Cada vez somos mais tontos!
Vivimos nun país no que a sociedade ten un dos estándares máis altos no referente ao nivel de vida, aínda que alguén o poña en dúbida; soamente hai que mirar para os bares, as cafeterías, as casas de apostas, os centros comerciais... pero este sería outro tema. Pois retomando, resulta que isto pode cambiar nun breve período de tempo posto que o coeficiente intelectual da nosa xuventude está decrecendo. Parece mentira pero resulta, que a riqueza dun país está directamente vinculada ao CI (coeficiente intelectual) dos individuos que o conforman. Pois estamos apañados! Como lle diría un feixe de herba ó outro...
As explicacións que os expertos lle outorgan a este fenómeno son variadas. Eu vou expor as miñas que aínda son máis variadas se cabe e abarcan dende o mesmo momento da “concepción”. Onde están aquelas mulleres preñadas que, cansas de traballar arreo, non obstante, sacaban uns raparigos xa criados. Comían san, non bebían, non fumaban, non se ... , non estaban en contacto con substancias cando menos “sospeitosas”, non traballaban rodeadas de tecnoloxías, aparatos electrónicos, ondas electromagnéticas; logo o/a nenX medraba e, cando se lle regalaba un móbil pola súa primeira comuñón. Perdón... iso era fai uns 10 anos, polas miñas contas, agora xa non se espera á primeira comuñón, agora xa se lle da o móbil cando vai na cadeira “para que así se entreteña” e non lle rompa a cabeza ao/s proxenitor/es. Logo o/a raparigo/a vai medrando, e ollo cos dibuxos animados. Vamos poñerlle “Dora exploradora” ou “Caillou”. Nada de xoguetes sexistas ou bélicos e seguimos, ordenadores, tablets, entra en contacto con outras “situacións”, con outras persoas ás que non lle sabe dicir que non, porque “por probar non pasa nada” ou outra frase moi socorrida polos adultos para xustificar a parvada adolescente “bah, deixa, son cousas da adolescencia, xa lle pasará... se non o fai agora cando o vai facer, cando sexa vello... deixa que goce”. Ala que xa o temos todo arranxado... pero a culpa de tanta parvada pódeselle botar ao quentamento global, porque agora os alimentos non son tan nutritivos. Pero que me contas, tonta me deixas! Se os alimentos que consume a maior parte da nosa xuventude o único que viu foi o microondas. Os rariños somos os que vemos Os Simpsons, e os documentais da 2ª, e lemos O País. Os raros somos os que comemos de casa, de pota e prato e nos levantamos ás seis da mañá para ir correr, cando regresan “de empatada” o resto.
Ironías a un lado, pero verdades, a situación é preocupante. O lóxico sería que o ser humano evolucionara incrementando a súa capacidade intelectual, pero semella que a nosa capacidade vai decrecendo mentres aumenta a das máquinas que nos rodean e que nos relevan facendo o que nós deberiamos estar gozosos de facer. Apárvannos e íllannos e por riba estamos contentos porque nos fan a vida máis sinxela. O que van é acabar con ela.
Alo menos, poderemos atopar satisfacción ao ver que “mal de moitos, consolo de tontos”. Non sei se quedou claro pero “se fai falla, volvo explicarme”.


Clara María Domínguez Iglesias
2ºde Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-10-2019 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal