Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un naufraxio fronte o Lampedusa orixina trece mortes e deixa quince desaparecidos
Calcúlanse que son trece as persoas mortas e quince en estado de desaparición polo afundimento da embarcación con inmigrantes e refuxiados fronte as costas da illa italiana Lampedusa, segundo os cálculos da Organización Internacional para as Migracións (OIM). Os gardacostas de orixe italiana conseguiron rescatar a vinte e dúas persoas.

O Centro de Operacións da Garda Costeira de Roma recibiu informacións procedentes do Centro de Resposta Única (CUR) de Palermo, a última hora do domingo sobre o pequeno bote de cincuenta inmigrantes próximo a Lampedusa que partira dende Túnez. Segundo o comunicado pola Garda Costeira unha vez divisado o bote as unidades navais acercáronse a pequena embarcación pero as condición climáticas adversas e o desprazamento repentino dos inmigrantes orixinou que a embarcación dese a volta. Confirmouse a morte de trece persoas, todas as mulleres. Entre os desaparecidos atopamos mulleres embarazadas e rapaces novos. As autoridades italianas solicitaron a axuda do Ocean Viking, embarcación empregada Médicos Sin Fronteras (MSF) y SOS Mediterranée, para buscar as vítimas desaparecidas.

Esta traxedia representa unha vez máis a necesidade de reforzar a presencia de barcos nun mar que dende xaneiro converteuse na ruta migratoria máis perigosa do mundo.


Lucía Nieto Cancho
2º de Bacharelato /Nº20


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-10-2019 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal