.jpg) Esta semana terminaba unha nova edición da Semana da Moda de París. Unha das citas internacionais de maior relevancia para os amantes e expertos en moda de todo o mundo, que arrincaba o 24 de setembro e terminaba o pasado martes 1 de outubro. Días durante os que se producían longas xornadas de desfiles, nas que puidemos coñecer as propostas para a tempada Primavera/Verán de 2020 de firmas e deseñadores como Dior, Dries van Noten ou Balenciaga. Tres dos nomes máis destacados desta semana da Moda de París.
Días que lograron deixar tamén unha profunda pegada na industria da moda española, a través das coleccións de deseñadores como Leandro Cano e Juana Martín, ou co despedimento da directora de moda da edición española de Vanity Fair.
1. O bosque sustentable de Dior: Unha oda á natureza.
2. Dries van Noten x Christian Lacroix: variedade de motivos e cores, a través dunhas pezas bañadas en atrevidos mostazas, fucsias, vermellos, azuis, prateados e violetas, adornadas con toda clase de estampados florais.
3. Balenciaga: colección dominada por pezas extra grandes de volumes desorbitados. Con claras referencias tanto á herdanza propia da casa e aos deseños do soado deseñador español, como a aquelas décadas dos anos 80 e 90 que tanto gustan ao deseñador xeorxiano.
Marta Rodríguez Conde
2ºde Bacharelato
|