Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Adolfo Domínguez elixe a Ourense para o seu primeiro desfile despois de oito anos
Despois de oito anos sen mirar as pasarelas, o deseñador galego Adolfo Domínguez volveu sacar as súas creacións á rúa e fíxoo en grande no corazón histórico da cidade de Ourense. En plena expectativa, sesenta modelos non profesionais desfilaron ao longo dun percorrido de douscentos metros na zona monumental para presentar exclusivamente a súa nova colección outono-inverno. O espectáculo, máis pegado ás súas raíces ourensanas que nunca, incluíu a actuación dun grupo de pandereteiras e actuacións musicais e artísticas. A experiencia pioneira completouse cunha película que captará o espírito do desfile nunha peza audiovisual que a marca difundirá internacionalmente, nunha promoción para Ourense máis alá de calquera fronteira.


Paula Trabazos Vidal
2ºde Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-10-2019 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal