Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un tetrapléxico logra camiñar grazas a un exoesqueleto que manexa co cerebro
Un tetrapléxico logrou mover os brazos e as pernas grazas a un exoesqueleto que controlaba desde o seu cerebro. Segundo os científicos, trátase duns resultados "prometedores", aínda que hai moito que perfeccionar.

Thibault perdeu a mobilidade das catro extremidades fai catro anos, pero acaba de ser capaz de movelas outra vez grazas a un exoesqueleto que controlaba coa súa mente. Este achado foi publicado na revista The Lancet e é froito da investigación dun grupo de científicos franceses.

Este exoesqueleto é unha especie de armadura motorizada froito de dez anos de investigación, funciona cuns electrodos implantados no cranio que "captan os sinais enviados polo cerebro e tradúcenas en sinais motores", explicou a BBC News Alim-Louis Benabid, profesor emérito da universidade Grenoble Alpes.

Segundo Benabid, nas persoas que sufriron unha fractura na columna vertebral e perderon a mobilidade nas súas extremidades "o cerebro segue sendo capaz de xerar as ordes que en xeral fan que se movan brazos e pernas, pero non hai ninguén que as execute".

O caso de Thibault é unha "proba de concepto": os investigadores mostraron que era posible captar correctamente esta actividade eléctrica de forma continua
e transmitila case a tempo real e sen cables cara o computador o cal as descodifica.



Susana Velasco Martínez

2ºde Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-10-2019 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal