Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un colexio expulsa a unha nena do comedor escolar por non pagar o seu pai as
O colexio incorporará a cota voluntaria que pide ás familias para o sostemento do centro no mesmo recibo do comedor polo que dita achega "deixaba de ser voluntaria para as familias". Un colexio concertado de Alicante expulsou a unha nena do comedor despois de que o seu pai se negara a pagar unha decena de "cotas voluntarias", que ascendían cada unha delas a 82 euros. Despois de que se lle comunicara ao pai da menor que esta non podía seguir gozando do servizo por non facer fronte ás cotas, este decidiu interpoñer unha queixa fronte á Consellería para que se lle abrise un expediente ao centro.
Finalmente, o departamento autonómico revisou a situación e obrigou ao centro a readmitir á nena no comedor. no decreto publicado o 15 de abril faise constar que os centros docentes públicos e privados concertados, "en ningún caso poderán percibir cantidades das familias por recibir os ensinos de carácter gratuíto, nin esixir achegas en concepto de matrícula ou por reserva de praza". Tampouco poden impoñer ás familias a "obrigación de facer achegas a fundacións ou asociacións. Ese decreto exclúe ademais da gratuidade as actividades extraescolares, as complementarias, e os servizos escolares, "que en todo caso terán carácter voluntario". Agora obrigaron ao centro a readmitir á nena no servizo de comedor.

Valeria Labandeira Reimondez
4 ESO B


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-10-2019 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal