Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Catro propostas galegas competirán nos Premios Nacionais de Artesanía

Catro candidaturas galegas compiten como finalistas das cinco categorías dos Premios Nacionais de Artesanía. A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, aspira a gañar na categoría de Premio Promociona para Entidades Públicas, na que foi galardoada en dúas ocasións anteriores, pola súa contribución significativa á promoción dos oficios a través do proxecto Artesanía no Prato. Os Premios Nacionais de Artesanía son convocados anualmente polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo co obxectivo de recoñecer as traxectorias e actuacións máis destacadas no eido da artesanía contemporánea. Deste xeito, buscan contribuír ao desenvolvemento e á competitividade das pemes do sector artesán, así como incentivar nelas a innovación, o deseño e a súa capacidade de adaptación ao mercado. A presenza galega entre os finalistas destes premios é habitual, e así, nas 12 edicións que se levan celebrado foron elixidas como finalistas 25 candidaturas galegas, das que 10 acadaron finalmente o premio e unha recibiu unha mención especial. Os gañadores desta edición daranse a coñecer nunha cerimonia prevista para o próximo 4 de decembro.

Iván Abad Álvarez 4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-10-2019 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal