Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Conmemoración a Eduardo Barreiros
A conmemoración do centenario do nacemento de Eduardo Barreiros busca recordar e render unha homenaxe á súa figura, a dun pioneiro ourensán que cambiou o mundo do motor e logrou empregar a máis de 25.000 persoas no complexo industrial que levantou nos anos 50.
Pouco despois das sete da tarde deste pasado venres, desde a Praza Maior comezou a escoitarse o ruxido da Dodge. Despois dun ciclista da Policía Local, entrou a elegante e colorida comitiva de vehículos. Os numerosos afeccionados que agardaban con emoción á chegada non esqueceron sacar os seus teléfonos para rexistrar o desfile, o que deixou a máis dun despiste turista. "Que bonito", dixo máis dun.
A tan agardada homenaxe a Eduardo Barreiros (Gundiás, Ourense, 1919-A Habana, Cuba, 1992) comezou con moita alegría, tanto dos organizadores -o Club Barreirista de Galicia- como dos máis de 200 participantes de diversos lugares.
Tras a concentración de Dodges en Praza Maior, os participantes do evento trasladáronse ao Teatro Principal, onde se proxectou o documental "Barreiros, motor humano", unha peza producida por Elemental Films, La Región e TVG, e que inclúe a traxectoria do O empresario ourensán e destaca a importante pegada que deixou na economía española.
Laura Paz Somoza
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-10-2019 08:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal