Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Orixe da misteriosa partícula pantasma
Os neutrinos son unhas partículas subatómicas extremadamente escurridizas sen carga e apenas sen masa. Iso permítelles viaxar en líena recta polo universo atravesando calquera cousa que atopen, incluídas galaxias, planetas e a nós mesmos. Con todo, son «pantasmas», apenas interactúan coa materia. Non podemos velos nin sentilos. A maioría dos que chegan ao noso planeta proceden do Sol ou da atmosfera, pero uns poucos, os de altísima enerxía, orixínanse moito máis lonxe.
O 12 de xullo de 2018, o experimento IceCube, un inmenso observatorio enterrado baixo o xeo da Antártida, anunciou a detección dun destes poderosos neutrinos inergalácticos. Non era a primeira vez que se «cazaban» neutrinos de altísima enerxía pero si a primeira na que os investigadores foron capaces de trazar a súa traxectoria e descubrir a súa orixe.
A partícula solitaria, coñecida como IceCube-170922A, proviña dun blazar, un dos fenómenos máis violentos do Universo, denominado TXS 0506 + 056 e situado a 3.800 millóns de anos luz de distancia na constelación de Orión. Un blazar é unha galaxia elíptica xigante cun enorme buraco negro supermasivo que vira rapidamente no seu núcleo. Emite desde os seus polos dous xigantescos chorros de luz e partículas elementais que van en direccións opostas. Un dos chorros deste blazar en concreto apunta directamente cara á Terra, o que foi clave para desvelar a orixe do neutrino. O achado tamén permitiu identificar a primeira fonte dos raios cósmicos, uns chorros de partículas de altísima enerxía que bombardean continuamente a Terra.

Ricardo Ferreiro de Aguiar Nº11 2ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-10-2019 08:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal