Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pasapalabra di Adeus
Vémonos no próximo programa”. O concurso máis visto das últimas dúas décadas na televisión española despediuse sen dramatismo nin cerimonia; sen sentimento, case. Aqueles últimos minutos que se viron en Telecinco o martes ás 21.10, horas peninsular, nunca se pensaron como o final definitivo, só o dunha edición máis, a 3.292. Pero aquel martes todo cambiou. A sentenza xudicial que Mediaset levaba anos recorrendo púxose en firme, polo Tribunal Supremo esta vez. Telecinco estaba condenada “a cesar inmediatamente (…) a emisión (…) do programa”. Esas sete palabras, que non deixaron de repetirse en toda a semana, puxeron fin a 19 anos en antena, a nove de batalla xudicial, e a unha institución en millóns salóns de toda España. Case ninguén o sospeitaba ao espertarse pola mañá, pero aquel martes foi o fin a Pasapalabra.
A industria da televisión nunca vira nada igual. Pasapalabra, posiblemente o concurso cos espectadores máis fieis de España, acababa de asinar o mellor setembro da súa longa historia, cun 18,8% de cota de pantalla. Sentaba de media a uns dous millóns de espectadores diarios; moitos deles quedaban a ver o informativo que viña despois, e contribuían a que fose o máis visto da televisión. Pasapalabra adoitaba ser o espazo máis visto da súa franxa horaria e ter o minuto con máis audiencia de cada día, xeralmente coincidindo coa proba final de cada programa, O Rosco. Que un programa branco, cultural e de éxito fose amputado dunha grella resultaba inédito. Que o ordenase o Supremo dun día para outro, histórico.

Rodrigo Míguez
2°Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-10-2019 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal