Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Coruña plántase contra as casas de apostas

A hora e o lugar non foron elixidos o azar. Xusto unha hora antes do arranque do partido entre o Deportivo contra o Almería ás 18.00 horas, a uns metros do estadio, diversos colectivos sociais e veciñais plantáronse en Riazor (A Coruña) para clamar contra unha «epidemia», denuncian, que afecta cada vez a xente máis nova: a ludopatía.


Decenas de persoas de sumaron á marcha que partiu co lema Fóra as casas de apostas dúas nosos barrios! desde a praza de Portugal. Entre os colectivos convocantes había organizacións xuvenís e estudantís. Denuncian o exponencial crecemento das casas de apostas nos barrios da Coruña en paralelo ao aumento do xogo na internet.


A concentración, que tivo réplicas en moitas cidades españolas, a principal foi a de Madrid, na que houbo ao redor de 1.500 manifestantes, foi unha iniciativa dunha asemblea aberta da que forman parte múltiples colectivos sociais e veciñais da Coruña.


Nas últimas semanas están a facer, ademais, un labor divulgaltiva nos barrios para alertar desta adicción que engancha, de forma especialmente preocupante, aos menores. Calcúlase que ao redor dun 34 % dos casos de ludopatía aparecen en mozos de menos de 18 anos. Mentres, o gasto da poboación galega en xogos e apostas creceu un 27 % no últimos tres anos.


Outra das súas críticas foi dirixida contra as personalidades do mundo do deporte e o entretemento que se converteron na imaxe publicitaria deste «lucrativo negocio», censuraron, nuns anuncios cada vez máis «invasivos».


Iago Fuentes Aller
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-10-2019 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal