Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O reino da nova Galiza, por Xoán Costa

Foi en xaneiro de 1531 que se criou o Reino da Nova Galiza, un reino que nace cara
ao mar e que se estende sobre 250.000 km2 nos actuais territorios de Jalisco ...
Foi o segundo dos reinos indianos que gozaban de certa autonomía de goberno.
Naceu cando a raíña Isabel de Portugal, esposa de Carlos V e que gobernaba por
ausencia do Emperador a que por Real Cédula dada en Ocaña o 25 de xaneiro de 1531,
deu orde para que se nomease o territorio conquistado como "Reino de la Nueva
Galicia" e se fundase unha cidade co nome de Compostela onde estaría a capital. A
cidade, fundada co nome de "Santiago de Galicia de Compostela" forma parte hoxe do
estado de Nayarit e ten menos de 20.000 habitantes.
Algúns anos máis tarde a capital pasou a Guadalajara e Compostela quedou en
segundo plano.A conquista de Nova Galiza levou consigo un período de violencia
estrema; case toda a poboación indíxena foi eliminada e progresivamente substituída
por continxentes externos, non só españois mais tamén mexicanos, tlaxcaltecas,
tarascos.

Desde 1821 o reino da nova Galiza xa non existe. México é unha república.
Oficialmente fálase, para se referir a aqueles territorios, de “occidente de México”
igual que aquí escoitamos falar cada vez máis de“el noroeste de España”.


Ricardo Tornero Belloso
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-10-2019 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal