Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cinco mortos tras a aterraxe forzosa en Ucraína dun avión de carga procedente de Vigo
Outras tres persoas resultaron feridas tras a aterraxe de emerxencia que tivo que realizar a aeronave, preto da cidade ucraína de Leópolis. Non chegou ao seu destino por falta de combustible.


Cinco persoas morreron e outras tres resultaron feridas tras a aterraxe de emerxencia que tivo que realizar hoxe na cidade ucraína de Leópolis un avión de carga An-12 procedente de Vigo, segundo informou o Servizo Estatal de Emerxencias de Ucraína, recolle Efe. Desde o Ministerio de Asuntos Exteriores explican que a embaixada española púxose en contacto coas autoridades locais e segundo fontes ucraínas non consta que haxa vítimas españolas, aínda que están á espera de confirmación oficial. A aeronave transportaba pezas de automoción que foran fabricadas en Lear Corporation, con sede no polígono de As Gándaras no Porriño, e tiñan como destino Istambul, segundo informou Abel Caballero hoxe pola mañá en Vigo, tras comunicarse coa dirección do aeroporto de Peinador.


Alejandro Fernández Blanco
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-10-2019 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal