Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Allyson Felix, madre e atleta
A historia da deportista americana e a súa loita contra as diferencias dependendo do sexo no deporte.


En novembro de 2018 Allyson Felix deu á luz a Camryn. Quería cumprir o “soño tolo” de engadir a calidade de nai á súa vida de atleta. Pouco despois falou co seu patrocinador, Nike. “Temos que renovar o contrato”, díxolles. “Si, cobrarás un 70% menos que antes”, respondéronlle. “Vale, acéptoo, pero quero garantías de que non me deixaredes de pagar se o meu rendemento non é o esperado despois de ser nai...” “Ah, non, iso non, por aí non pasamos”, dixeron os de Nike. “Pois aí quedádesvos...”


Cinco meses despois de romper co seu patrocinador desde que era unha adolescente, a nai e atleta norteamericana logrou as que quizais sexan as súas dúas mellores vitorias, ou, polo menos, as que demostran como os prexuízos do macho aínda pesan demasiado nos consellos de administración das grandes empresas. Nunha semana en Doha, Felix, de 33 anos, patrocinada agora por unha téxtil filial de Gap, liderou as substitucións 4x400 mixto na final e o feminino de Estados Unidos na semifinal para conseguir as que son as súas medallas 12ª e 13ª nun Mundial. Ninguén na historia gañou tantas, nin sequera Usain Bolt, que quedou en 11.


Luis Manuel Carrasco
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-10-2019 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal