Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os aranceis de Trump botan máis sal na ferida das exportacións galegas
Galicia encadea xa cinco trimestres consecutivos nos que o sector exterior ten unha contribución negativa ao seu produto interior bruto (PIB). É dicir, que lonxe de sumar á xeración de riqueza, resta. Isto ten que ver coa brusca caída das exportacións, acelerada polo mal comportamento da automoción e da enerxía, e a caída da confección. Nun contexto de arrefriado marcado polo parón da locomotora alemá, que acendeu as luces vermellas, o escenario que se abre tras a decisión de Trump de penalizar con gravames do 25 % unha longa lista de produtos agroalimentarios europeos supón botar máis sal nunha ferida que leva xa tempo aberta.


Raquel González Castro n°8
1° Bacharelato B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-10-2019 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal