Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A XUNTA AUTORIZA A CAZA DIARIA DE XABARÍS EN 33 MUNICIPIOS
A Consellería de Medio Ambiente declarará a próxima semana a emerxencia cinexética por presenza de xabarís nun total de 33 municipios, de modo que nos terreos destinados á caza poderase desenvolver esta actividade todos os días da semana ata o 29 de febreiro de 2020.

Así o anunciou este luns a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, nunha rolda de prensa na que explicou que a decisión de declarar esta emerxencia temporal está amparada polo regulamento de caza de 2011 e busca “rebaixar a abundancia” desta especie en Galicia.

O grupo de defensa animal Libera! respondeu esta mesma tarde ao anunciou da consellería advertindo que levará o caso ante o Defensor do Pobo estas novas medidas “provocaran un importante desequilibrio ambiental e posibilitarán que se vertan nos montes aínda máis perdigóns de chumbo, un metal responsable do envelenamento de acuíferos e de animais, en especial as aves”.


Paloma González González 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-10-2019 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal