Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CATRO POLICÍAS MORTOS NUN ATAQUE CON COITELO NUNHA COMISARÍA DE PARÍS
O asaltante que foi abatido é un gran axente administrativo da propia Prefectura da Policía. Polo momento descoñécense as causas do ataque, pero segundo algunas fontes o home, que pertenecera á Administración da Prefectura da Policía de París, executara o ataque por causas persoais.
O suceso tivo lugar a mañá do tres de outubro antes das dúas da tarde. O home estaba armado cun coitelo e atacou a varios policías na Prefectura da Policía de París, dos cales catro resultaron mortos. Dous deles eran mulleres.
Segundo Loïc Travers, secretario rexional do sindicato Alliance Police Nationale, o agresor comezou o ataque no seu despacho do que máis tarde saíu e continuou a agresión noutras dependencias da Prefectura, ubicada xunto á catedral de Notre Dame.
A comisaría situada no centro histórico da capital francesa foi acordoada, e a estación de metro próxima permanece pechada.
O ministro de interior, Christophe Castaner, quen debía desprazarse a Turquía, pospuxo a viaxe e acercouse ao lugar onde sucederon os feitos. Por outra parte, o primeiro ministro tamén acudiu á comisaría.

Noa Varela Varela 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-10-2019 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal