Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A resaca do verán deixa 10 parados en Ourense
O final dos contratos temporais do período estival provocou un descenso no emprego

Setembro case sempre é sinónimo de números vermellos nas listas do paro. E este ano non foi unha excepción. Nin sequera un factor como o da vendima, nunha provincia, con catro denominacións de orixe, serviu para aclarar a resaca estival que deixaron os datos de emprego ofrecidos polo goberno central. A provincia pechou o noveno mes do ano con 17.772 desempregados, 305 máis que en agosto.

Se se fai un cálculo rápido, compróbase que cada día parou de media dez parados máis en Ourense. A comparación anual é máis positiva, xa que na provincia hai ao 30 de setembro de 2019 mil parados menos que había hai un ano.

O saldo entre sexos aínda está moi desequilibrado fronte ás mulleres, xa que hai 10.397 que figuran nas listas oficiais, mentres que o número de homes redúcese a 7.375

ANDREA ROMERO
N° 17
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-10-2019 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal