Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os residuos plásticos invaden o corpo humano
Unha análise das mostras de ouriños confirmou plenamente que os residuos plásticos están a entrar de maneira significativa no corpo humano. Así se demostrou nas analíticas practicadas a 20 personalidades (representantes da sociedade en ámbitos da ciencia, o deporte, a cultura, a comunicación ou saúde) que participan na campaña “ Salut de  Plàstic”. O estudo foi elaborado polo  Grup de Recerca en Epidemiologia Clínica i Molecular do Càncer do Institut Hospital do Mar d’ Investigacions Mèdiques ( IMIM), por encargo da Fundación Rezero promotora da citada campaña.

Esta indagación detectou a presenza dun total de 20 substancias relacionadas co plástico procedentes da exposición continuada que sofre o organismo a todas elas.

Os datos obtidos resaltan que os residuos plásticos protagonizan unha verdadeira invasión do corpo humano dado que detectouse un mínimo de 20 e un máximo de 23 compostos en cada individuo sometido ao estudo (dos 27 que foron analizados).A media de compostos achado por persoa foi de 21,3.


Os contaminantes teñen como principal vía de entrada no corpo humano ao propio sistema alimentario. “A presenza destas substancias de plástico no corpo favorece a inflamación. Isto significa que as enfermidades  inflamatorias poden ser orixinadas por estas substancias contidas no plástico. Sabemos que o cancro se desenvolve con máis facilidade se hai un proceso  inflamatorio nos tecidos do corpo. Ademais, diferentes problemas xinecolóxicos e de fertilizado pódense orixinar con estas substancias”, afirma  Miquel Porta



Susana Velasco Martínez

2° de Bacharelato



Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-10-2019 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal