Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xúpiter máis cerca da Terra
Os amantes da astronomía teñen a noite deste luns unha oportunidade sen igual de botar unha ollada a Xúpiter, o planeta máis grande do Sistema Solar, xa que se atopará no seu momento máis grande e brillante en cinco anos. Será unha luminosa xoia a primeira ollada. Pero se ademais un pode botar man duns prismáticos ou un pequeno telescopio de afeccionado poderá contemplar as súas catro lúas máis grandes sen problemas: Io, Europa, Ganímedes e Calisto. E mesmo quizais albiscar un indicio das nubes con bandas que rodean o planeta!
Esta marabilla é debida a que Xúpiter alcanzará a súa oposición, o que significa que estará nun punto diametralmente oposto ao Sol desde a nosa perspectiva. Desta forma, estará ben iluminado, sendo visible do atardecer ao amencer, segundo informa a revista Sky& Telescope.
A oposición tamén significa que Xúpiter atoparase no seu punto máis próximo á Terra no seu ciclo orbital, a uns 640 millóns de quilómetros. Desta forma, estará case 18 millóns de quilómetros máis preto que durante a oposición do ano pasado, polo que o seu brillo superará ao da próxima estrela Antares, sinala National Geographic.


Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar
1ºBACH A/Nº13
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-06-2019 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal