Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un mes de maio moi seco en Galicia
O mes de maio caracterizouse en Galicia por ser moi seco e estivo marcado por episodios con temperaturas máximas moi elevadas, polo que en xeral pode considerarse no conxunto da comunidade como un mes cálido. Estas son as principais conclusións do avance do informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, no que se comparan os rexistros de temperatura e chuvia do mes pasado cos do período histórico de referencia 1961-2019.
Deste xeito, a principal singularidade meteorolóxica de maio foi a escaseza de chuvias que se rexistraron con carácter xeral na comunidade. Así, choveu un 62% menos do habitual para esta época do ano e de feito, hai que remontarse ata o ano 2006 na serie histórica para atopar un precedente menos húmido. As precipitacións, de feito, quedaron moi por debaixo das agardadas para maio e tan só se rexistraron dous períodos de chuvia, coincidindo co comezo e a metade do mes.
En canto ás temperaturas, non se rexistraron grandes anomalías en comparación coa serie histórica; a temperatura media en maio estivo 0,97 graos por riba dos valores agardados o que permite concluír que foi un mes, en xeral, cálido. En todo caso, segundo se desprende do informe de MeteoGalicia, a situación non foi homoxénea, observándose un contraste notable entre a provincia de Pontevedra, onde as anomalías foron bastante máis altas (2,6 graos por riba do normal), e a de Lugo, con zonas como a Mariña Central onde os valores medios estiveron incluso por debaixo do habitual.
Os episodios de calor e seca, en todo caso, combináronse con momentos puntuais invernais. Así, alternáronse situacións de frío acompañadas dalgunhas chuvias -durante a segunda semana do mes e coincidindo tamén coa ponte das Letras Galegas-, con outros períodos anticiclónicos e marcados polas altas presións e a estabilidade –sobre todo coincidindo co inicio e a última semana do mes.
Esta circunstancia contribuíu a que maio se caracterizase tamén polos cambios bruscos de tempo, aínda que houbo un predominio dos episodios nos que os termómetros acadaron valores máis propios do verán, polo que as medias acabaron sendo máis elevadas do esperado tendo en conta a serie histórica.


Rodrigo Míguez Fernández
1°Bacharelato B/N°3

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-06-2019 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal