Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A morte dunha gata enfronta a veciños en Malpica
Un francotirador disparoulle na cabeza cunha escopeta e dende longa distancia.

Non tiña nome e o seu corpo acabou no lixo, pero a súa morte provocou que a Garda Civil tomara cartas no asunto. Primeiro porque cando a gata apareceu morta cunha bala na cabeza, os que coidan a colonia do barrio malpicán As Neves, chamaron ós corpos de seguridade e apareceu unha patrulla de Ponteceso. “ Miraron coa luz do móbil e dixeron que o sangue da cabeza viña desde a porta do veciño ata a nosa cerca” dixo Laura; que non chegou a poñer denuncia.

Tocoulle á gata gris pero podía pasarlle a calquera outro dos gatos que encontraron na zona un lugar onde vivir. O problema é que os veciños da zona teñen pequenos hortos urbanos e os felinos estragan os pementos, cebolas ou leitugas. Así formáronse dous bandos enfrontados:

Os que alimentan aos gatos e temen que acaben todos mortos
O da horta que nega o disparo que realizou dende longa distancia

A gata morreu o luns pola tarde e sobre as oito, cando os que a coidaban a encontraron, montouse unha revolta de acusacións mutuas, a grito pelado, pero nada se puido probar. Agora a seguridade do barrio redúcese na habilidade do francotirador o na persoa que depositara as armas.


Noa Varela Varela
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-05-2019 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal