Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Péchase unha etapa
Boas e soleadas tardes amigXs

Sempre soleadas a pesar de que algunhas soamente poidamos ver a luz do sol a través do reflexo da ventá. É o que ten que faga sol cando estás en plena semana de preparación de exames finais. Vamos a ver! Algúns e algunhas teñen a sorte de que o tempo dálles para todo pero eu non son dXs “afortunaXs”. Aínda que tampouco me inclúo naquel que logo se queixa permanentemente do agobiadXs que están, que non lles dá tempo a nada, que non saben por onde comezar... pero que, non obstante, si que sacan tempo para andar de “armadanzas”.

Teño que escribir a noticia desta fin de semana para este blog e o tempo voa, corre coma o coello de Alicia. Ah, que a que ben esta metáfora, pois que o venres pasado foi a estrea da obra que durante meses estivemos a preparar a compañía dos Xogos Florais do colexio baixo a dirección de Andrea e Xián e, a dicir verdade, non quedou nada mal. Mellorando o presente, todos e toda de cada un dos membros que a compoñen nos podemos sentir orgullosos do resultado. Pese a quen lle pese! Soamente son criticados aqueles que destacan. Como acertadamente me di a miúdo un profesor moi querido para min, “non te preocupes mentres te critiquen e falen de ti, mentres esteas na boca de todos, iso significa que dunha ou doutra maneira destacas”. Que cada quen saque a conclusión que desexe. Eu xa fai tempo que saquei a miña.

Debo dar as gracias a todXs aqueles que coa súa axuda fan posible que a obra se desenvolva, capeando as incidencias; luces, son, música, decorados, pano... non poño nomes porque agora mesmo non teño a cabeza para moito e seguro que me esquezo dalgún.

Tamén quero dar as gracias aos meus compañeiros e compañeiras da compañía de teatro que o ano pasado se xubilaron, Paula, Eva, Ánxela, que me seguiron acompañando e arroupáronme cando o necesitei.

Este ano tócanos a xubilación a Rodrigo e a min e a verdade, sinto unha mestura de sentimentos contraditorios, pena e alegría a un tempo. Unha inmensa pena porque teño que deixar obrigatoriamente a compañía xa que o ano que ben non teremos tempo para dedicar a esta tarefa; pena porque vou dando carpetazo a épocas da miña vida; pena porque é a antesala do que o ano vindeiro deixarei definitivamente, o colexio. E non me refiro á institución académica, senón a todas aquelas persoas que me axudaron e estiveron comigo no meu proceso como persoa e non soamente como estudante. Os galegXs somos moito de “morriña” e como dicía Rosalía, que aínda a teño moi presente..., a morriña non soamente se ten á terra, senón ós lugares e ás súas xentes. E dixen antes que tamén alegría. Alegría porque vexo que a compañía queda en boas mans. As mans do mestre Xián e a compañía. Son tantas as cousas boas que tería que dicir deste mestre que me quedaría curta. Soamente dicirche que es moi grande! Por outra banda, o relevo é impresionante.

A xente nova da compañía ten unha forza expresiva, unhas gañas de traballar e unhas táboas no escenario que chapeau! Ánimo, traballo e a seguir deixando a compañía ben alta!

En definitiva, hai que dar un paso adiante e deixar atrás unha moi boa etapa da miña vida levando comigo os mellores recordos: a mellor das compañías, os parabéns da xente e a satisfacción dun traballo ben feito.

Gracias e ata pronto.






Clara María Domínguez Iglesias

1°Bacharelato A/N°8

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-05-2019 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal