Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

May abre as portas a un segundo referéndum se o Parlamento acepta a súa nova proposta do Brexit
Primeira ministra do Reino Unido
Theresa May é coñecedora de que os seus días como primeira ministra do Reino Unido, están contados. Actualmente atopase tratando de saír pola “porta grande” da política británica e lograr a aprobación do seu plan do Brexit, en vez de ser despedida de modo vexatorio da autoridade e do cargo, polos seus propios compañeiros de partido.


Para lograr o seu obxectivo, decidiu acudir a un último efecto a modo de sorpresa; xunto a unha nova oferta revisada do seu plan, comprometeuse a levar ao Parlamento, unha proposta dun segundo referéndum, para que sexan os deputados os que decidan se lle queren dar luz verde a esa opción.


May presentou o pasado martes 21 no Parlamento británico, o texto de Lei do Acordo de Retirada, como “nova proposta” que incorporará novidades significativas. A primeira ministra considerou oportuno incorporar todos os avances das negociacións cos laboristas, para así tratar de gañar o seu apoio. De este modo, está a xogar unha dupla estratexia; conseguir o apoio da oposición e obter o respaldo dos conservadores moderados.


A pesar do coidadosa que está a ser a ministra na execución do seu plan, os números seguen sen sumar. Os euroescépticos xa proclamaron a súa negativa ante o novo acordo. E os laboristas non parecen estar seguros dos beneficios da nova proposta.Independentemente do resultado, May xa non pode voltar atrás. No caso de que a proposta fose aprobada, deberá cumprir coa súa palabra e retirarse do cargo, unha vez rematado o proceso lexislativo. Se polo contrario, fracasase de novo, asegurou ante a dirección do grupo parlamentario conservado que aclarará de inmediato o seu calendario de partida.




Lucía Nieto Cancho

1°Bacharelato B/N°5

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-05-2019 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal